[Congreso internacional] Transformaciones del Derecho de familia en el actual panorama normativo estatal y europeo

Información del evento
Lugar:
Facultad de Derecho USC
Dirección:

Sala de Grados, Facultad de Derecho

Inicio:
30 de Maio de 2023
Finalización:
30 de Maio de 2023

O pasado 30 de maio levou a cabo o congreso internacional “Transformacións no dereito de familia no actual panorama normativo estatal e europeo”, o cal contou coa participación de profesores de diversas universidades e con gran asistencia de público tanto presencial como en liña.

A primeira mesa centrouse en aspectos de dereito da persoa, tales como: estado, civil, autodeterminación de xénero, relevancia do coidado e dereitos das persoas LGTBI.

Na segunda, tratáronse temáticas propias do dereito de familia. Así, expúxose sobre posibles repercusións da Lei de familias, a falta de regulación en materia de parellas non casadas, situacións de vulnerabilidade económica, e dereitos de proxenitores trans.

Finalmente, na terceira mesa tratouse aspectos de Dereito Internacional Privado como recoñecemento xurídico de familiares, xestación por substitución, entre outros.

Con este congreso deuse peche ao proxecto de investigación ¨O Dereito de familia que vén. Retos e respostas”, que permitiu a organización de múltiples actividades sobre estas temáticas.