Cuestións xurídicas vinculadas ás parellas non casadas: 3 de maio de 2017

Xornada De Conflictu Legum en colaboración co Ilustre Colexio Notarial de Galicia

Información del evento
Inicio:
3 de Maio de 2017
Finalización:
3 de Maio de 2017

O pasado 3 de maio tivo lugar  unha reunión froito da colaboración entre o Colexio Notarial de Galicia e o Grupo de Conflictu Legum na que se abordaron algunhas das cuestións que afectan ao réxime das parellas de feito . Entre os participantes á sesión atopábanse Antonio López Díaz, profesor de Dereito Financiero; Antonia Nieto Alonso, profesora de Dereito civil; Isabel Louro García, decana do Colexio Notarial de Galicia; Francisco Manuel Mariño Pardo, notario de Foz; José María Rilo Nieto, notario de Rianxo; Rosa Ana Suárez Doniz, notaria de Allariz; Daniel González Uriel, xuez adxunto en Santiago de Compostela, e Marta Blanco Iglesias, aspirante do Colexio de Rexistradores.

As cuestións xurídicas suscitadas polas parellas non casadas constitúen un dos temas máis conflitivos do actual Dereito español, tanto no que atinxe ás relacións xurídico-privadas entre ámbolos membros e con terceros, como ás relativas ás prestacións e obligacións de natureza pública que poden ou non corresponderlles. A diversidade lexislativa existente na materia e os pronunciamentos parciais do Tribunal Constitucional non xyudan a atopar respostas sinxelas. No caso da Lei de de Dereito civil de Galicia, a equiparación de efectos das parellas rexistradas co matrimonio abre interrogantes que o tempo transcurrido dende a súa aprobación non conseguiron pechar, ao memos tempo que deixa totalmente orfa a situación das parellas puramente de feito. Igualmente resultan complexas as respostas ás cuestións suscitadas nos casos nos que aparecen elementos de Dereito internacional privado ou, con maior frecuencia e complexidade, de Dereito interrexional.

Nunha sala de xuntas na que xa non cabían máis cadeiras, alumnos, profesores e profesionais foron formulando preguntas que abriron un rico debate: ¿hai parentesco cando se forma unha parella de feito? ¿Teñen un réxime económico supletorio? E incluso... ¿en Dereito ten algún sentido que existan dous institucións diferentes -matrimonio e parella de feito- que poidan chegar a xerar os mesmos efectos? Non poucos alumnos opinaron que hoxe en día constituir unha parella de feito vese como algo "menos formal" a celebrar un matrimonio. Non obstante, entenderon as dudas de algúns notarios, que son cautos á hora de informar sobre os efectos que pode ter constituirse como parella de feito vista a inseguridade xurídica que existe sobre esta cuestión, en especial cando falamos de parellas con vecindades civís diferentes, ou que se trasladan a vivir a outra comunidade autónoma diferente daquela onde se constituiron parella de feito. O certo é que nestos casos non están claras as normas, sendo frecuente que os casos dudosos acaben nos tribunais, como demostra una sentenza do TS na que se cuestionaba a validez dun testamento aberto no que un dos testigos era a parella de feito da instituida herdeira.

A conclusión á que se chegou tras as aportacións de todos os presentes foi clara: hoxe en día, e tralas amplias modificacións que se levaron a cabo nos últimos trinta anos en materia de matrimonio, resulta moito máis seguro casarse que constituirse parella de feito.