[Curso de verán] As liberdades de creación e interpretación: sinerxías entre o Dereito e a Música

Información del evento
Lugar:
Sala de Juntas de la Facultad de Derecho de la USC e Iglesia de la Universidad de Santiago de Compostela
Inicio:
26 de Xuño de 2024
Os próximos días 26, 27 e 28 de xuño celebraremos o curso de verán "As liberdades de creación e interpretación: sinerxias entre o Dereito e a Música", organizado polo grupo de investigación De Conflictu Legum no seo dos cursos de verán da Universidade de Santiago de Compostela.
 
Os obxectivos do curso son estudar as liberdades de creación e interpretación desde os puntos de vista xurídico e musical; analizar as formas de interpretación de ambas disciplinas e ver as sinerxias existentes; debater sobre o papel da IA na interpretación ou creación do dereito e da música; e utilizar o instrumento do órgano como exemplo de diferentes formas de interpretación dunha mesma partitura, facendo paralelismos coas diferentes formas de interpretación xurídica.
 
Os lugares de celebración serán a Sala de Xuntas da Facultade de Dereito e a Igrexa da Universidade na sesión do xoves 27 pola tarde.
 
Para o desenvolvemento das anteriores temáticas contaremos cos seguintes relatores, todas e todos eles expertos nos temas xurídicos e musicais tratados: D. Jesús Delgado Echeverría, Catedrático de Dereito civil da Universidade de Zaragoza; Dna. Encarnación Roca Trías, Catedrática de Dereito civil da Universidade de Barcelona e Maxistrada do Tribunal Supremo (2005-2012) e do Tribunal Constitucional (2012-2021); Dna. Marta Otero Crespo, Profesora de Dereito Civil e Directora da área Académica da USC; D. José Núñez Cerviño, Investigador predoctoral de D. Internacional Privado; Dna. María Castro Corredoira, Profesora de Dereito penal da USC; Dna. María Paz García Rubio, Catedrática de Dereito Civil da USC e Membro da Comisión de Codificación, sección civil, do Ministerio de Xustiza; D. Joam Trillo, Compositor e profesor de composición no Conservatorio Superior de Música de Vigo; D. Carlos Villanueva Abelairas, Catedrático de Música da USC e membro do Grupo Organistrum; Dna. Julia Ammerman Yebra, Profesora de Dereito civil da USC; Dna. Marisol Mendive Zabaldica, Profesora de órgano e concertista; Dna. Alejandra Escolante Mújico, Pianista, organista e profesora do Conservatorio de Música de Santiago; Dna. Irma Fernández Alonso, organista e profesora de música do IES Celanova; D. Juan Antonio Ureña Salcedo, Profesor Titular de Dereito Administrativo da Universitat de València e D. Hernán Cortez López, Investigador predoctoral de Dereito Civil da USC.
 
Os alumnos de grao poderán obter 1 crédito ECTS coa participación no curso.
 
 A taxa reducida é de 40 € (para estudantes, pensionistas, desempregados, PDI e PAS da USC e membros da asociación de antigos alumnos), e de 70 € a taxa xenérica.
 
A inscrición estará aberta ata o 14 de xuño desde a web da universidade de verán da USC.
 
Más información aquí: 
 

 

[Enlace] Inscripción al curso

 

 

[Enlace] Descargar programa del curso