III Coloquio Internacional entre Civilistas e Filósofos do Dereito

Información del evento
Inicio:
27 de Novembro de 2019
Finalización:
28 de Novembro de 2019

Os días 27 e 28 de novembro celebrouse na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela o III Coloquio entre civilistas e filósofos do Dereito, titulado "Conceptos multidimensionais, cláusulas xerais, estándares de conducta: orde pública, boa fe, pautas de conducta e dilixencia". 

A primeira edición de esta serie de encontros, impulsados polos profesores Jesús Delgado Echeverría e Manuel Atienza, celebrouse na Universidade de Zaragoza no ano 2014 baixo o título "La ignorancia de la ley no excusa su cumplimiento". O segundo encontro tivo lugar dous anos máis tarde na Universidade de León, e versou sobre a responsabilidade civil e as relacións familiares. Esta tercera reunión tivo lugar, como dicimos, en Santiago de Compostela e parece que non será a última: prevese a continuidad desta colaboración e a futura celebración dun cuarto encontro, probablemente, en Barcelona.  

A finalidade destos coloquios é, en palabras dos seus promotores, propiciar un acercamento e colaboración intelectual entre civilistas e filósofos do Dereito de diferentes Universidades españolas. Finalidade que se cumpliu sobradamente neste último encontro á vista dos interesantes debates que xurdiron ao fío das ponencias e comentarios dos xuristas que alí se deron cita (non só civilistas e filósofos do Dereito, senon tamén iusprivatistas e mercantilistas). 

Entre todos os asuntos que se abordaron, pódese destacar a análise crítica de conceptos tan importantes como a boa fe, a orde pública ou as pautas de conducta, sobre os que varios dos asistentes propusieron unha revisión. Ademáis, plantexáronse numerosos interrogantes, coma o de se hai orde pública máis aló dos imperativos constitucionais. En definitiva, analizouse o Dereito e os fundamentos máis básicos do noso sistema xurídico (principios, regras e normas) dende unha perspectiva funcional e multidisciplinar que resultou enriquecedora en todos os sentidos. 

A directora das xornadas, a profesora Mª Paz García Rubio, estructurou as tres sesións de tal forma que fose posible combinar o formato clásico de ponencias e comunicacións co intercambio de opinións e puntos de vista sempre dende o núcleo capital do coloquio: os conceptos xurídicos indeterminados. Deste modo, os máis de cuarenta asistentes, prácticamente todos eles con presentación de ponencia ou comunicación ad hoc, puideron saír do seu micro mundo e discutir abertamente sobre as distintas dimensións dunha realidade, os conceptos multidimensionais, que presentan certos elementos comúns en todas as ramas do Dereito. A lacónica afirmación do profesor José María Miquel tralos debates, “o Dereito é algo moi difícil”, é tan real como proba da necesidade de seguir insistindo neste tipo de coloquios que, sen dúbida, axudan a reducir a súa complexidade.