Xornada «O Dereito e os animais»
- Inicio:
- 4 de Febreiro de 2019
O pasado luns 4 de febreiro de 2019 celebrouse unha Xornada de temática máis que pioneira na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago: “O Dereito e os Animais”. Organizada polo Grupo de Investigación De Conflictu Legum, a Fundación Franz Weber e a Facultade de Dereito citada, e dirixida pola avogada Irene Torres e a profesora Marta Otero, conseguiu reunir nunha tarde a media ducia de expertos relatores e a un variadísimo público procedente de todo o territorio peninsular.
A apertura da xornada correu a cargo de Santiago Álvarez, director do Grupo De Conflictu Legum, Gumersindo Guinarte, decano da Facultade de Dereito e Marta Otero, vicedecana de devandita Facultade, quenes vaticinaron o que sen dúbida foi unha intensa e enriquecedora xornada.
A primeira mesa formárona a avogada especialista en Dereito e Animais, Anna Mulà Arribas, quen ademais é asesora xurídica da Fundación Franz Weber. No seu relatorio “Defensa dos animais no Dereito: antecedentes, actualidade e retos”, falou dos inicios da protección xurídica dos animais –destacando a primeira sentenza de condena por matar a un can, de 1870 en EEUU, na que o avogado George Graham acuñou a frase “O can é o mellor amigo do home”–. Ademais, sinalou os enfoques ideolóxicos que inciden na lexislación e políticas públicas: o que atende ao benestar dos animais e o que se centra nos dereitos dos animais. A continuación, a fundadora do despacho ANIMALEX e asesora xurídica da Coordinadora de Profesionais pola Prevención de Abusos CoPPA, María González Lacabex, falou sobre o vínculo de violencia que existe entre o maltrato animal e a violencia interpersonal. Así, os estudos sobre este tema poñen de relevo datos como que o 70% das mulleres maltratadas que posúen animais declararon que a súa parella había tamén ameazado, causado dano ou matado ao animal da familia.
Tras un breve debate cos asistentes deuse paso á segunda mesa, formada por María Paz García Rubio, Catedrática de Dereito civil, e Pilar de Lara Cifuentes, Maxistrada titular do Xulgado de Instrución nº1 de Lugo. A primeira, na súa condición de membro da sección primeira da Comisión Xeral de Codificación, ilustrounos sobre a posible reforma do Código Civil relativa ao réxime xurídico dos animais, coa que se pretende crear unha categoría específica que os defina como seres vivos dotados de sensibilidade. Pola súa banda, a Maxistrada puxo o foco no panorama actual da protección penal dos animais, denunciando a disparidade de criterios que segue existindo nos diferentes xulgados á hora de aplicar unhas leis que ou ben son ambiguas, ou ben nada din sobre como protexer aos animais de condutas de maltrato. Ademais, insistiu en que estamos ante delitos públicos que todos podemos denunciar.
Para rematar, a terceira mesa formárona Enrique Alonso García, Conselleiro permanente de Estado, e Irene Torres Márquez, avogada especialista en Dereito e animais e co-directora (e “alma”) desta Xornada. O primeiro tomou como exemplo o cabalo en Galicia para evaluar o statu quo da lexislación de benestar animal, facendo un varrido por diversas sentenzas do Tribunal Constitucional referidas aos equinos, así como á axenda europea en materia de protección animal. Irene Torres, na súa tamén condición de asesora xurídica da Fundación Franz Weber, analizou a Lei 4/2017 de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia, destacando que aínda que se logrou unha maior concienciación social sobre a protección animal, segue estando pendente un Regulamento que a desenvolva e aínda quedan moitos aspectos por mellorar. A avogada insistiu en que non chega con prohibir os sacrificios en centros de acolleita, senón que é necesario empezar desde abaixo e facer políticas públicas paralelas de prevención e coidado. Se desde a infancia cultívase o respecto e a sensibilidade cara aos animais, seguramente nuns anos consigamos mellorar e revertir o panorama actual no que o maltrato animal está, por desgraza, bastante xeneralizado. Por iso, esperamos que xornadas como esta poñan un graniño de area na consecución deste fin.