"A Mancha de Cervantes no Dereito e unha Coda sobre O Bardo"

Información del evento
Lugar:
Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela
Inicio:
21 de Novembro de 2016

Render tributo a dous grandes xenios da literatura como foron Cervantes e Shakespeare tamén é tarefa de xuristas, pois se o estudo do Dereito é, en gran medida, estudo de libros, non é soamente de libros de Dereito. E con maior razón cando se trata de obras creadas polo Manco de Lepanto e o Bardo inglés nas que non poucas veces ponse a proba a forza do Dereito en situacións cómicas ou dramáticas nas que se ven involucrados os seus universais personaxes. Por iso, a Xornada “A Mancha de Cervantes no Dereito e unha Coda sobre o Bardo”, celebrada o 21 de novembro de 2016 baixo a coordinación das profesoras de Dereito civil María Paz García Rubio e Antonia Nieto Alonso, quixo homenaxear a estes dous grandes creadores no 400 aniversario da súa morte. Render tributo a dous grandes xenios da literatura como foron Cervantes e Shakespeare tamén é tarefa de xuristas, pois se o estudo do Dereito é, en gran medida, estudo de libros, non é soamente de libros de Dereito. E con maior razón cando se trata de obras creadas polo Manco de Lepanto e o Bardo inglés nas que non poucas veces ponse a proba a forza do Dereito en situacións cómicas ou dramáticas nas que ven involucrados os seus universais personaxes. Por iso, a Xornada “A Mancha de Cervantes no Dereito e unha Coda sobre o Bardo”, celebrada o 21 de novembro de 2016 baixo a coordinación das profesoras de Dereito civil María Paz García Rubio e Antonia Nieto Alonso, quixo homenaxear a estes dous grandes creadores no 400 aniversario da súa morte.

Tras a inauguración a cargo do Reitor da Universidade de Santiago, D. Juan Viaño Rey, o Decano da Facultade de Dereito, D. Gumersindo Guinarte Cabada, e a Catedrática de Dereito Civil, Dna. María Paz García Rubio, comezou a primeira parte, dedicada ao “humorista humanista” que foi Cervantes. A primeira intervención correu a cargo de D. Darío Villanueva Prieto, Catedrático de Teoría da Literatura e Literatura comparada, quen na súa tamén condición de Director da RAE   –e por tanto coa tarefa de “manter vivo o recordo dos que escribiron en lingua española”– falou sobre O Quixote en D. Niceto Alcalá Zamora. O que foi o primeiro presidente da II República española á vez que xurista escribiu, entre outras obras, “O pensamento do Quixote: visto por un avogado”. Nela e en palabras do profesor Villanueva, “axuiza desde a visión dun avogado os comportamentos do Quixote”.

A continuación, o Catedrático de Dereito Administrativo da Universidade de León, D. Francisco Sosa Wagner, disertou sobre o Dereito público en tempos de D. Quixote. Destacou episodios quijotescos nos que se entrevé o arbitrario e caprichoso que xa por entón era a promulgación de leis, e nos que un se pregunta polo fundamento do poder político.

Finalizou esta primeira parte cervantina D. Santiago Fernández Mosquera, Catedrático de Literatura Española da Universidade de Santiago, poñendo o foco no Quixote e os libros de cabalerías, e explicando como O Quixote representa ao lector que confunde poesía (cabalerías), coa súa propia vida (a historia).

Vista a mancha deixada por Cervantes no universo xurídico, era a quenda do Bardo e a súa relación co Dereito. A profesora titular de Filoloxía Inglesa da Universidade de León, Dna. Trindade Guzmán González, foi a encargada de brindarnos unha exquisita coda da xornada. Baixo o título “The adverse party is thy advocate”, Maese Guillermo e os picapleitos, ilustrounos sobre a frecuencia con que Shakespeare mete en danza aos avogados, por exemplo na segunda parte de King Henry VI: “the first thing we do, let’ s kill all the lawyers”. As constantes citas legais que aparecen nos textos de Shakespeare fixeron que moitos avogados de hoxe en día adoren ao xenial dramaturgo. Quen lle ía a dicir a Cervantes que catro séculos despois do seu falecemento se continuase estudando o testamento de D. Alonso Quijano o Bo? E a Shakespeare que se continúen utilizando nos tribunais citas literarias (quizá non a arriba exposta, pero si moitas outras) de Hamlet, King Henry VI…? Quizá a razón estea en que as obras de ficción, en especial as dos grandes creadores como os homenaxeados neste enriquecedor seminario, axuden aos xuristas e avogados a cultivar a empatía, algo certamente necesario á hora de interpretar e aplicar moitas normas xurídicas.