Beca Leonardo a Investigadores y Creadores Culturales concedida a Julia Ammerman Yebra

28 de Setembro de 2022

A resolución das Becas Leonardo a Investigadores y Creadores Culturales (Convocatoria 2022), concedidas pola Fundación BBVA, fíxose pública con data de 28 de setembro de 2022. Tal e como se indica na descrición da convocatoria: “Están destinadas a apoyar directamente el trabajo de investigadores y creadores culturales de entre 30 y 45 años que, encontrándose en estadios intermedios de su carrera, desarrollen un proyecto marcadamente personal e innovador en el correspondiente ámbito de especialización o actividad”.

Entre os 60 beneficiarios, dun total de 884 solicitudes, atópase Julia Ammerman Yebra, investigadora posdoctoral Margarita Salas na Universidade de Santiago de Compostela e integrante do Grupo de investigación De conflictu legum, que recibiu unha Beca Leonardo na área de Economía, Ciencias sociais e xurídicas, subárea de Dereito (“Artistas marginales: propuestas de regulación jurídica para un colectivo olvidado”).

Así mesmo, a Universidade de Santiago de Compostela recolleu a noticia da Bolsa Leonardo outorgada á Dra. Julia Ammerman Yebra, indicando que "o proxecto ‘Artistas marxinais: propostas de regulación xurídica para un colectivo esquecido’ pon o foco en tres grupos. En primeiro lugar, céntrase na arte creada por persoas con discapacidade intelectual, primordialmente en centros psiquiátricos ou ocupacionais; e tamén na arte creada por outras persoas con diferentes discapacidades, físicas e intelectuais. En segundo lugar, estudarase o fenómeno da arte urbana, tradicionalmente exercida por artistas plásticos dende a alegalidade e sen criterios xurídicos claros que aplicar. En último lugar, analizarase o caso dos artistas rueiros do ámbito escénico, especialmente os músicos". Para ver o contido completo da noticia, así como as declaracións da investigadora acceda á seguinte ligazón.

Pode atoparse máis información sobre a resolución da convocatoria aquí.