Comparecencia de María Paz García Rubio na Xornada sobre Dereito de enriquecemento e Dereito de familia

1 de Xuño de 2021

O día 1 de xuño de 2021, a catedrática María Paz García Rubio participou na Xornada sobre Dereito de enriquecemento e Dereito de familia, organizada pola Facultade de Dereito da Universidade de Navarra a cargo do proxecto do Ministerio de Economía e Competitividade "As fronteiras do Dereito de enriquecemento inxustificado no Dereito Privado". 

Na mesa redonda na que tomou parte, a profesora García Rubio tratou a cuestión de se é posible empregar a figura do enriquecemento inxusto como un mecanismo para compensar ás nais polas contías que o outro proxenitor poidan non abonar en concepto de alimentos que, efectivamente, debería prestar. A este efecto, a profesora García Rubio analiza diferentes sentenzas recentes sobre esta cuestión, e detense a analizar cuestións como o subxacente interese do menos, o momento de recoñecemento da paternidade e outras cuestións tanxenciais que poidan ter incidencia.

Vexa todo