O grupo De Conflictu Legum, no podio de produción científica da USC
15 de Xullo de 2024
Na Avaliación da produción científica realizada pola Universidade de Santiago de Compostela, o grupo de investigación De Conflictu Legum GI-1147 figura en segundo lugar no ano 2022, alcanzando unha puntuación de 883, só por detrás doutro grupo de investigación pertencente ao Departamento de Patoloxía Animal.
Dun total de aproximadamente 275 grupos activos na Universidade de Santiago, de media entre os anos 2022 e 2023 alcanzamos un total de 548 puntos, polo que nos situariamos na “sexta posición”, só por detrás do mencionado grupo, outros dous do Departamento de Física de Partículas, e outros dous de Enxeñería Química e Saúde Pública.
Todo un éxito para un pequeno grupo xurídico. Os datos pódense consultar no seguinte documento