Hernán Cortez López obtén o primeiro lugar na competencia de pitches de investigación da Compostela Group of Universities (CGU)

23 de Xullo de 2024

O investigador predoctoral do Grupo de Conflictu Legum Hernán Cortez López, obtivo o primeiro lugar na competencia de pitches de investigación Organizada pola Compostela Group of Universities (CGU). Oitava versión da competencia de renome internacional na que se convida a doutorandos de todas as áreas das máis de 60 universidades membros da asociación ao redor do mundo para presentar os seus proxectos de investigación en formato de vídeo.

Os gañadores foron presentados nunha cerimonia realizada na Universidade Peruana de Ciencias Aplicadas, na cal se presentou o vídeo de Hernán titulado “The protection of environmental interest using the tools of contract law”, quen deu unhas palabras de agradecemento en ínguas de forma telemática, destacando a importancia difundir o coñecemento en termos que calquera persoa poida entendelo, non só os expertos. Pola súa banda, o xurado destacou que a economía circular e os valores ecolóxicos son un tema continxente que o proxecto aborda cun enfoque novo a través do dereito civil contractual.
Na seguinte ligazón pode ver os vídeos premiados da competencia

[CLICK] Sitio web Compostela Group of Universities

 

[CLICK] Nota y entrevista USC

 

[CLICK] Nota Academia de Derecho Civil UDP