MARÍA PAZ GARCÍA RUBIO PROLOGA LIBRO "LOS ALGORITMOS SÍ TIENEN MADRE"

15 de Febreiro de 2024
Trindade Guzmán González, profesora de filoloxía inglesa da Universidade de León, presentou o xoves 15 de febreiro de 2024, ás 19h na Bioblioteca Concepción Arenal, a tradución e interpretación das memorias da Raíña das Ciencias, Mary Somerville (1780-1872).
 
No acto estivo acompañada pola profesora María Paz García Rubio, prologuista do libro á vez que boa amiga da súa autora, e de Elena Vázquez-Cendón, decana da Facultade de Matemáticas da USC. A Catedrática de Dereito civil e membro do noso grupo de investigación destacou a minuciosidade coa que Guzmán traduciu e interpretou os escritos de Somerville, pois o libro contén numerosas notas ao pé de páxina que engaden datos curiosos e explicativos que enriquecen as xa fabulosas memorias.  A autora leonesa, Trindade Guzmán, fixo un percorrido polas diversas ramas científicas ás que contribuíu Mary Somerville, e que non se ciñeron ás matemáticas e a astronomía, pois a escocesa tamén pintaba, tocaba o piano, e mesmo trataba de non perderse ningún baile. As súas achegas ao mundo do estudo universitario foron importantísimas, publicando varios libros que serviron como manuais a xeracións enteiras de estudantes da época en Cambridge e Oxford. Ademais, foi a primeira asinante da famosa petición de Stuart Mill ao Parlamento británico pedindo o voto das mulleres. 
 
Pola súa banda, a decana da Facultade de Matemáticas da USC, Elena Vázquez-Cendón, destacou a importancia de Mary Somerville aínda hoxe en día, ademais de recomendar a lectura desta edición das súas memorias pola multitude de datos que se poden extraer dela. Sinalou a interconexión que Somerville fixo, durante toda a súa longa vida, das diferentes ramas científicas que tocou, reivindicando a necesaria transversalidade de todo estudo científico. Non en balde, Mary Somerville foi a primeira persoa á que cualificaron de "científica" por esa visión interdisciplinar do saber. Tamén quixo destacar a profesora Vázquez-Cendón a importancia do intercambio social de ideas, inclusive en ambientes máis distendidos que o estritamente académico. Por iso, a profesora García Rubio cominounos, unha vez rematadas as tres exposicións, a continuar cun agradable picoteo que alí estaba preparado, e que nos permitiu a todos compartir impresións sobre a Raíña das Ciencias á vez que degustar uns petiscos. Sen dúbida, foi un broche de ouro a esta semana literaria.