Participación de M.ª Paz García Rubio na reportaxe de El País sobre o Proxecto da 'lei trans'

30 de Setembro de 2022

María Paz García Rubio, Catedrática de Dereito Civil da Universidade de Santiago de Compostela, Vogal permanente da Sección Primeira (Dereito civil) da Comisión General de Codificación do Ministerio de Justicia e integrante do Grupo de investigación De conflictu legum, participou xunto a outras Catedráticas de Dereito na reportaxe de El País sobre o Proxecto da 'lei trans' (“Proyecto de Ley para la igualdad real y efectiva de las personas trans y la garantía de los derechos LGTBI”). Neste dáse resposta a cuestións controvertidas que poden xurdir en torno ao Proxecto de Lei en materia de violencia de xénero, inscrición no Rexistro Civil e filiación, entre outras. 

Pode atopar a información completa da reportaxe aquí.