Relatorios de Mª Paz García Rubio con relación á lei de reforma en materia de capacidade xurídica

18 de Marzo de 2021

A tramitación do Proxecto de Lei pola que se reforma a lexislación civil e procesual para o apoio ás persoas con discapacidade no exercicio da súa capacidade xurídica segue o seu curso. Tras ser aprobado pola Comisión de Xustiza do Congreso dos Deputados, o Proxecto xa foi recibido polo Senado para ser sometido a eventuais emendas ou veto.

O certo é que a aprobación do texto legal é inminente; motivo polo cal xa se están celebrando diversos encontros académicos co obxecto de analizar o seu contido e impacto normativo.

Boa coñecedora destes aspectos é M.ª Paz García Rubio que, na súa calidade de vogal permanente da Sección 1.ª, de Dereito civil, da Comisión Xeral de Codificación, tivo participación directa na elaboración do que foi o Anteproxecto de lei que agora se está tramitando.

Recentemente, a Profesora García Rubio tivo a oportunidade de explicar as claves da reforma no Seminario de Profesores do Anuario da Facultade de Dereito da Universidade Autónoma de Madrid co relatorio titulado “La reforma de la ley de discapacidad en España. Un debate jurídico/filosófico sobre las claves del cambio” (comentarista, o Profesor Manuel Atienza). Do mesmo xeito, interveu no Congreso “El Código civil tras la reforma en materia de capacidad jurídica” organizado pola Universidade de Zaragoza para explicar un dos piares sobre os que se basea a futura modificación lexislativa: as medidas de apoio, de carácter voluntario preventivo, da persoa con discapacidade.

Vexa todo