Profesora María Paz Garcia Rubio participa en congreso sobre a tutela do consumidor na era dixital
24 de Xuño de 2025

O próximo 24 de xuño celebrarase o congreso “A tutela do consumidor na era dixital”, organizado pola Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación de España.
Nesta ocasión, participará a profesora e investigadora do grupo De Conflictu Legum, María Paz García Rubio, quen intervirá no acto inaugural e presentará o relatorio titulado “As persoas con discapacidade e a súa protección como consumidores vulnerables”.
Pode consultar o programa completo do evento na seguinte ligazón.