Profesoras María Paz García Rubio e Julia Ammerman Yebra participan en congreso sobre o ensino do Dereito Civil

21 de Novembro de 2024

A profesora García Rubio participou os días 21 e 22 de novembro no Congreso “O ensino do Dereito Civil na España do século XXI”, organizado na Universidade de Zaragoza.

No seu relatorio, enmarcada na mesa “Dereito patrimonial: Obrigacións e contratos no mundo actual. Dereito de propiedade”, falou sobre os contidos e os retos actuais das materias de obrigacións e contratos no grao en Dereito da USC. Á súa vez, na quenda de comunicacións, Julia Ammerman Yebra presentou unha titulada “O ensino do Dereito civil ao alumnado de xornalismo”.

Durante o Congreso, máis de medio centenar de profesores de Dereito civil provenientes de universidades de practicamente todas as comunidades autónomas, debateron sobre os contidos civís dos plans do grao en Dereito, poñendo en común impresións sobre, entre outros temas, cal sería a mellor maneira de integrar dereito común e dereito foral na explicación de institucións con regulacións diferentes; en que materias situar determinados temas civís que poden ter encaixe en varias delas ou, en fin, se é mellor “reducir” ou “dar pinceladas xerais” sobre algunhas cuestións que, por tempo, non é posible impartir con detemento. O Congreso foi moi enriquecedor, polo que desde aquí expresamos o noso agradecemento aos seus organizadores por tan boa iniciativa. E, como dixo a Xustiza de Aragón na súa clausura, “longa vida ao dereito civil”.

[CLICK] Programa de la actividad