Propostas de modernización do dereito en cuestións que afectan á mocidade
Os vindeiros días 28 e 29 de setembro celebraranse na Facultade de Dereito as Xornadas "Propostas de modernización do Dereito en cuestións que afectan á mocidade", que terán como principais eixes temáticos a discapacidade, os menores, a violencia de xénero, as parellas de feito e as novas tecnoloxías. Contaremos con expertos e representantes de asociacións de menores, discapacitados e vítimas de violencia de xénero, que se distribuirán en catro mesas redondas nas sesións de mañá, e nun taller na sesión da tarde do día 28. Poñeranse sobre a mesa aquelas situacións que necesiten de melloras, tratando que do diálogo e a participación entre todos os asistentes saian propostas para unha mellor regulación destes temas.
Non é preciso ser estudante de Dereito. A participación será gratuita.
O programa e o libro Propostas de modernización do Dereito están dispoñibles para a sua descarga ao pé desta páxina.
Xornadas financiadas con cargo ao Programa Iniciativa Xove.