La liquidación de la herencia en el Código Civil español: especial referencia a las deudas sucesorias desconocidas o sobrevenidas

ISBN: 978-843-402-5622 Editorial: BOE Año: 2019
Autor/a: Mónica García Goldar.
Este libro trata das implicacións que a forte crise económica tivo no procedemento de liquidación da herdanza, materia xa de por sí complexa e pouco sistematizada, con normas que se atopan dispersas no Código Civil, a Lei de Enxuizamento Civil ou a Lei Concursal. Para abordar a cuestión coa profundidade axeitada, a autora analiza tanto o fenómeno da sucesión mortis causa como os recursos que existen para preparar e facilitar a futura liquidación prestando especial consideración á complexa figura da herdanza xacente, prácticamente orfa de regulación positiva e orixe de incontables problemas. Tras abordar a situación dos chamados á herdanza no que se refire aos efectos e consecuencias do exercicio positivo (aceptación) ou negativo (repudiación) do ius delationis, estúdiase a situación dos diferentes tipos de acreedores interesados na liquidación da herdanza, do causante, do chamado, do xa herdeiro ou do repudiante. Ademáis, a fin de dar mellor resposta aos interrogantes plantexados pola liquidación hereditaria en tempos de crise, a autora acércanos aos diferentes sistemas de responsabilidade por débedas así como ás súas características e efectos. Particular atención se otorga ao beneficio de inventario, incidindo nas cuestións que, a pesar da súa recente reforma no noso Dereito, seguen a ser problemáticas. A parte final do libro aborda a moi interesante e pouco tratada cuestión das chamadas débedas ocultas ou sobrevidas, que son aquelas que aparecen tempo despois de que o herdeiro tivese aceptado a herdanza con total descoñecemento das mesmas, profundizando nas consecuencias que tal situación produce tanto a efectos fiscais como civís.