Geelke Wemjes
Asistente de investigación da Universidade de Osnabrück
Geelke Wemjes é asistente de investigación na cátedra do profesor Dr. Christoph Busch, Maître en Droit, da Universidade de Osnabrück. Actualmente está a traballar na súa tese doutoral no ámbito do Dereito privado europeo. A súa investigación céntrase na regulación dos motores de procura en liña no marco da Lei de Servizos Dixitais. Ademais, imparte clases de Dereito das obrigacións na Universidade de Osnabrück.
Durante a súa estancia de investigación no seo do Grupo de Conflictu Legum, na Universidade de Santiago de Compostela, impartirá clases sobre Dereito das obrigacións. A súa docencia centrarase nos fundamentos ou principios do Dereito contractual, enriquecendo así o intercambio de coñecemento entre a doutrina xurídica alemá e a española.