Profesora García Rubio participa en seminario organizado pola Academia de Dereito Civil UDP (Santiago de Chile)

Ciclo de seminarios de Dereito Privado

18 de Abril de 2024
Organización del evento: Academia de Derecho Civil UDP [Iñigo de la Maza (Dir.), Boris Loayza (Coord.)]. Nota del evento: Hernán Cortez López
Seminario María Paz
Cartel: Academia de Derecho Civil UDP

O pasado xoves 18 de abril, a catedrática de Dereito Civil e investigadora do Grupo de Conflictu Legum María Paz García Rubio, participou na actividade telemática organizada pola Academia de Dereito Civil da Universidade Diego Portais, en Santiago de Chile, e que forma parte do ciclo de seminarios mensuais que a institución realiza de forma gratuíta con relatores chilenos e internacionais para promover a discusión sobre temas de Dereito Civil.

O relatorio da profesora García Rúbio, titulouse “Nulidade e anulabilidade na proposta de modernización do Código Civil en materia de obrigacións e contratos”, e abordou a situación actual na doutrina e xurisprudencia en temas de validez dos contratos, e os cambios que se propoñen coa Proposta de Reforma publicada en 2023.

A actividade contou cunha gran cantidade de asistentes, incluíndo catedráticos, alumnos e avogados chilenos e españois, logrando así dar un paso mais por achegar aos estudantes de ambos os países ás discusións de dereito comparado.

[CLICK] Nota Confictu Legum sobre la Propuesta de Reforma
 
[CLICK] Web Academia de Derecho Civil UDP
Propuesta de reforma