Incertidumbre y alguna cosa más en la interpretación constitucional del poder normativo sobre la materia civil

Comentario a la STC 132\2019, que resuelve el recurso de inconstitucionalidad contra determinados artículos de la Ley 3\2017, de 15 de febrero, del Libro VI del CCCat

Revista de Derecho Civil, vol. VI, núm. 4, pp. 1-43 Año: 2019
Autor/a: María Paz García Rubio.
Neste traballo a autora realiza unha primeira aproximación á STC 132/2019, de 13 de novembro, que resolve o recurso interposto polo presidente do Goberno contra os artigos 3, 4 y 9 da Lei do Parlamento de Cataluña 3/2017, de 15 de febreiro, do libro sexto do Código Civil de Cataluña, relativo ás obligacións e os contratos, e de modificación dos libros primeiro, segundo, terceiro, cuarto e quinto. Trátase, probablemente, da máis importante entre as dictadas ata agora polo máximo intérprete da Constitución en relación con un dos preceptos que durante máis de corenta años se teñen revelado máis difíciles: o artigo 149.1. 8.ª CE. As complexas regras contidas neste precepto derivaron nunha xurisprudenza constitucional vacilante e tortuosa, na que poucas cousas parecen claras. A sentenza que nos ocupa, a pesar de que por vez primeira aborda de maneira directa un dos temas máis espinosos do precepto, cal é o de buscar o significado e alcance das bases das obrigas contractuais ás que se refire na súa segunda parte, non parece que vaia a contribuir a esa clarificación. Ó contrario, o mal disimulado apartamento por parte desta dos criterios seguidos pola maioría dos seus precedentes en outras cuestións imprescindibles para a intelixencia da norma, unido ás vacilacións sobre as aludidas bases, así como o sorprendente resultado á que conduce a decisión, fan prever que non estamos ante o porto de amarre definitivo do barco que leva a distribución de competencias lexislativas en materia de lexislación civil, para o que se segue sen adiviñar un rumbo seguro.