O programa ten por obxecto estimular os procesos de transferencia de coñecemento á sociedade a través de accións que faciliten a implicación doutros axentes sociais e económicos no uso e rentabilización dese stock de coñecemento.
 
Co proxecto "Intelixencia Artificial e protección xurídica da voz" trataranse de preservar, a través dun servizo piloto de asesoramento e formación xurídica, os dereitos de voz e de propiedade intelectual dos profesionais cuxa ferramenta de traballo é a voz, en relación cos novos retos expostos pola Intelixencia Artificial.
 
Para iso, faise necesario establecer dous eixos de actuación no proxecto: por unha banda, formalizando colaboracións con asociacións e sindicatos de profesionais da voz, asesorándolles en mesas de negociación e traballo cos seus empregadores, impartindo talleres de formación sobre os dereitos de propiedade intelectual e de voz, e revisando os clausulados dos contratos que asinan usualmente no seu sector, particularmente no que se refire á eventual incidencia neles da Intelixencia Artificial.
 
Doutra banda, continuarase co asesoramento xa iniciado coa empresa InteliVOZ, a primeira do sector español que está a expor un enfoque humanista na creación de voces sintéticas, tratando de protexer en todo momento os dereitos dos narradores que ceden a súa voz natural para crear a súa voz sintética. Adaptarase o modelo de contrato proposto á empresa ás novas esixencias que se derivarán do Regulamento de Intelixencia Artificial da Unión Europea.
 
Información sobre o programa e acta de concesión do proxecto: 
 
 
 
Investigadora Principal (IP)
julia v1 Julia Ammerman Yebra
  • Profesora ayudante. Doctora en Derecho Civil.
  • Departamento de Derecho Común Facultade de Dereito Universidade de Santiago de Compostela 15782, Santiago de Compostela.
  • Correo: julia.ammerman@usc.es
  • Teléfono: +34 881 814652

 

Investigadora
mpaz-garcia

María Paz García Rubio

  • Catedrática de Universidad. Departamento de Derecho Común. Facultade de Dereito, Universidade de Santiago de Compostela, E-15782, Santiago de Compostela.
  • Correo: mpaz.garcia@usc.es
  • Teléfono: +34 881 814 648

 

Investigadora
marta-requejo

Marta Requejo Isidro

  • Catedrática de Universidad. Letrada del Tribunal de Justicia de la Unión Europea, Luxemburgo. Departamento de Derecho Común. Facultade de Dereito, Universidade de Santiago de Compostela, E-15782, Santiago de Compostela.
  • Correo: marta.requejo_isidro@curia.europa.eu

 

Investigador
Foto Hernan CortezV2

Hernán Cortez López

  • Investigador Predoctoral. Departamento de Derecho Común. Facultade de Dereito, Universidade de Santiago de Compostela.
  • Correo: hernan.cortez@rai.usc.es

 

[Curso de verán USC 2024] As liberdades de creación e interpretación: sinerxias entre o Dereito e a Música

[Castelan] Cartel V5 PNG

O curso de verán “As liberdades de creación e interpretación: sinerxias entre o Dereito e a Música”, organizado no seo de grupo De Conflictu Legum, celebrouse con éxito os días 26, 27 e 28 de xuño, reunindo a un heteroxéneo e interesado grupo de alumnos procedentes dos ámbitos xurídico e musical, e a outros tantos relatores de primeiro nivel.

[CLICK] Web de la actividad

 

IP participa en podcast sobre intelixencia artificial e a voz en colaboración con universidade chilena

Captura-de-pantalla-2024-05-16-140145

[Academia de Derecho Civil UDP] Neste primeiro capítulo, Sofía Sepúlveda Pino, Licenciada en Ciencias Xurídicas e Sociais UDP, conversou coa doutora en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (España) e integrante do Grupo de investigación De Conflictu Legum, Julia Ammerman, sobre o Dereito á propia voz e a Intelixencia artificial. Á mantenta dun mediático caso, a conversación buscou resolver a seguinte dúbida: existe tutela da nosa voz #ante as ferramentas de intelixencia artificial?

[CLICK] Web de la actividad

 

 

transferencia de Coñecimientov2